lunes, abril 10, 2017

Video mensaxe




Hola, chámome Albano Monteagudo Santos e son estudante do Grando en Mestre de Educación Infantil en Lugo.

A realización desta práctica resultoume de gran utilidade. Era a primeira vez que levaba a cabo a creación dun blog, e a experiencia foi realmente boa.

Grazas a esta práctica aprendín o que é un blog educativo, e a repercursión que pode ter se este se realiza ben. Ademais, tamén aprendín como se usa dun xeito correcto e a desenvolverme dentro do mesmo,

Esforceime moito para  levar a cabo e realizar cada unha das actividades propostas, e dende o meu punto de vista o resultado foi satisfactorio.

Por iso, considero que a nota que merecería sería un 8, debido a que lle puxen moita entrega e traballo.

sábado, abril 08, 2017

Entrada publicada por un/ha compañeira/o contribuínte ao blog

Chámome Fátima García Piñón e pertenzo ao equipo de traballo 5.5 do Seminario 2 da materia Procesos de Mellora e uso das TIC, do segundo curso do Grao en Mestre de Educación Infatil.
Realizo esta entrada de proba no blog do meu compañeiro de grupo, Albano Monteagudo Santos como cumprimento do punto número 7 desta práctica.

viernes, marzo 31, 2017

Entrada dende o correo electrónico

Esta entrada correspóndese coa actividade 6, concretamente co apartado "g", que consiste no seguinte:
"Crea unha entrada no blog directamente a través do envío dun correo electrónico creado dende a túa conta gmail (ver en opcións "correo electrónico e móbil").

Redes sociais





En esta imaxe podemos observar algunha das redes socias que máis auxe teñen na actualidade, como por exemplo, Instagram, Facebook, Twitter ou YouTube, entre outras.








Edublogs

O termo edublog provén da unión de education e blog.
Tiscar Lara no seu artículo "Usos de los blogs en una pedagogía constructivista", define un edublog como  "un weblog de carácter educactivo, cuxo obxectivo é apoiar o proceso de ensino-aprendizaxe no contexto educativo".

As principais características de un edublog son as seguintes:
- Facilidade de uso.
- Contido hipertextual e multimedia.
- Organización cronolóxica e temática.
- Sindicación de contidos mediante RSS.
- Pensar, escribir, compartir e participar.
- Ampliación das súas funcionalidades (Widgets)

Tal e como conta Tiscar Lara no seu artículo: "Los blogs sirven de apoyo al E-learning, establecen un canal de comunicación informal entre profesor y alumno, promueven la interacción social, dotan al alumno con un medio personal para la experimentación de su propio aprendizaje y, por último, son fáciles de asimilar basándose en algunos conocimientos previos sobre tecnología digital."

En canto o tipo de ferramentas ou programas que podemos utilizar para a creación dun blog, podemos diferenciar distintas formas.
En primeiro lugar, cabe destacar o Wordpress e o Flashblog, que nos permiten traballar en servidores propios cun control total sobre as aplicacións
En segundo lugar, Blogger, Wordpress.org ou Tumblr, que nos permiten traballar nun sistema cerrado e gratuito
Por último, Moodle, que nos permite traballar con un blog integrado nunha plataforma e-learning.

Os usos dun blog nunha pedagoxía constructivista poden ser diversos. Algúns deles son os que mostran a constinuación:
- Medio de comunicación entre o profesor e o alumnado da aula, por exemplo para preguntar dúbidas sobre un tema explicado en clase ou exposto no propio blog.
- Medio de comunicación entre alumos e alumnas da clase, por exemplo que o mestre ou mestra propoña un tema para falar, e que os alumnos/as interactúen entre eles mostrando as súas opinións acerca do tema, desenvolvendo así a capacidade crítica por parte do alumnado.
- Ampliación de información por parte do mestre, sobre os temas que están abordando e estudando en clase.
- Desenvolver a comprensión lectora do alumno/a, xa que el/ela mesmo/a ten que ler os documentos que o mestre colga no blog.