Estructura dun edublog

Para min a estructura dun edublog debe de ser sinxela e organizada. Considero que debe conter unha cabeceira, unha columna lateral na cal se poidan incorporar os gadgets, un apartado de dúbidas e unha columna central adicada as actividades que os nenos e nenas realicen na aula. Na cabeceira considero que debería estar explicada a finalidade do blog, decindo así que é aquilo que vamos a realizar e a temática sobre a que vai a tratar, axudando así de guía ó alumnado. A continuación móstrase un exemplo do blog: PAN CON CHOCOLATE, BLOG DE RECURSOS PARA EDUCACIÓN INFANTIL.


Creo que tamén é de gran interese unha columna lateral para a disposición de gadgets, na cal se poderían poñer outros webs ou blogs de interese e de referencia para o alumnado. A continuación móstrase un exemplo do blog: El Rincón de la Maestra.


Considero tamén importante, a habilitación dun apartado para a resolución de dúbidas, no cal os nenos e nenas da aula, poidan contactar co/a mestre/a e solucionar os problemas que a estes lles surxan. Finalmente, a columna central dedicaríaa para a publicación das diferentes actividades que o alumnado realice nas distintas sesións de clase. A continuación móstrase un exemplo do blog: El Rincón de la Maestra.

No hay comentarios:

Publicar un comentario