viernes, marzo 31, 2017

Edublogs

O termo edublog provén da unión de education e blog.
Tiscar Lara no seu artículo "Usos de los blogs en una pedagogía constructivista", define un edublog como  "un weblog de carácter educactivo, cuxo obxectivo é apoiar o proceso de ensino-aprendizaxe no contexto educativo".

As principais características de un edublog son as seguintes:
- Facilidade de uso.
- Contido hipertextual e multimedia.
- Organización cronolóxica e temática.
- Sindicación de contidos mediante RSS.
- Pensar, escribir, compartir e participar.
- Ampliación das súas funcionalidades (Widgets)

Tal e como conta Tiscar Lara no seu artículo: "Los blogs sirven de apoyo al E-learning, establecen un canal de comunicación informal entre profesor y alumno, promueven la interacción social, dotan al alumno con un medio personal para la experimentación de su propio aprendizaje y, por último, son fáciles de asimilar basándose en algunos conocimientos previos sobre tecnología digital."

En canto o tipo de ferramentas ou programas que podemos utilizar para a creación dun blog, podemos diferenciar distintas formas.
En primeiro lugar, cabe destacar o Wordpress e o Flashblog, que nos permiten traballar en servidores propios cun control total sobre as aplicacións
En segundo lugar, Blogger, Wordpress.org ou Tumblr, que nos permiten traballar nun sistema cerrado e gratuito
Por último, Moodle, que nos permite traballar con un blog integrado nunha plataforma e-learning.

Os usos dun blog nunha pedagoxía constructivista poden ser diversos. Algúns deles son os que mostran a constinuación:
- Medio de comunicación entre o profesor e o alumnado da aula, por exemplo para preguntar dúbidas sobre un tema explicado en clase ou exposto no propio blog.
- Medio de comunicación entre alumos e alumnas da clase, por exemplo que o mestre ou mestra propoña un tema para falar, e que os alumnos/as interactúen entre eles mostrando as súas opinións acerca do tema, desenvolvendo así a capacidade crítica por parte do alumnado.
- Ampliación de información por parte do mestre, sobre os temas que están abordando e estudando en clase.
- Desenvolver a comprensión lectora do alumno/a, xa que el/ela mesmo/a ten que ler os documentos que o mestre colga no blog.

No hay comentarios:

Publicar un comentario