Realidade Aumentada

Que é a realidade aumentada?

A realidade aumentada é o termo que se utiliza para definir a visión dun entorno físico do mundo real a través dunha plataforma tecnolóxica. É dicir, que os elementos físicos tanxibles combínanse con elementos virtuais, conseguindo así a creación dunha realidade aumentada en tempo real.

Cabe destacar tamén as definicións de Ronald Azuma (1997) e de Paul Migram e Fumio Kishino (1994)
Milgram e Kishino definen a realidade de Milgram-Virtuality Continuum como un continuo que abarca dende o entorno real a un entorno virtual puro. No medio está a realidade aumentada, a cal está máis próxima ó entorno real, e a virtualidade aumentada, a cal está máis cerca do entorno virtual.
No ano 1997 Ronald Azuma define a realidade aumentada como a combinanción de elementos virtuais, que é interactiva en tempo real e rexistrada en 3D.
É dicir, a realidade aumentada é a combinación do mundo real co mundo virtual, a través dun proceso informático.

Algunhas das aplicacións para utilizar a realidade aumentada poderías ser as seguintes:

- Aurasma: Esta é unha aplicación válida tanto para dispositivos ios como android. A través dela podese facer que calquera imaxe, imaxe ou texto reproduzca obxectos en 3D, vídeos ou imaxes.

- Google Sky Map: Esta é unha aplicación creada como apoio de estudo á astronomía. Coa cámara do teléfono enfocas ó ceo, e o programa identifica, estrelas, constelacións e planetas, ofrecendo os datos no momento.

- WordLens: Esta aplicación permite traducir palabras que aparecen nunha imaxe. Unicamente chega con sacar unha foto a calquera texto descoñecido, un anuncio por exemplo, e obtense así a tradución instantánea sobre o mesmo obxecto.

Algunha das webs nas cales se desenvolveron proxectos educativos utilizando a realidade aumentada, poderían ser as seguintes:

- Villalba en tu mano: Os almunos de Educación Infantil do CEIP Antonio Machado relizaron unha actividade chamada "De Ruta por Villalba". Crearon tres puntos nunha ruta con realidade aumentada xeolocalizada sobre Collado Villalba.
Así, os alumnos puideron observar a flora e a fauna da zona en realidade aumentada, facer unha ruta xeolocalizada e escoitar o himno tras enfocar o escudo do municipio.

- Nuestro cuerpo aumentado: A mestra Carol Calvo realizou cos seus alumnos un proxecto de realidade aumentada sobre o corpo humano. Neste proxecto xogaron cos sentidos, debuxaron caras aumentadas e viron como era o seu corpo por dentro, grazas a diversas aplicacións como Aumentaty, ColAR Mix e Anatomy 4D.

Unha actividade para levar a cabo podería ser a seguinte:
Coa axuda da aplicación "Aurasma" e duns dispositivos electrónicos, traballaremos os animais e as súas denominacións. Para iso, escribirán os nomes dos animais nun papel e, posteriormente coa aplicación, realizaráselles unha foto aos papeis e insertaráselles a imaxe do animal correspondente. Así, cada vez que enfoquen co dispositivo electrónico o papel, sairalles a imaxe de dito animal.

No hay comentarios:

Publicar un comentario